O partido da última xornada de liga entre Pontevedra Club de Fútbol e Real Oviedo Vetusta, no que ambos os dous pelexarán por evitar o descenso á Terceira RFEF, xogarase tal e como estaba previsto este domingo 23 de maio ás 12.00 horas no Estadio Municipal de Pasarón.
O repentino falecemento do director deportivo do Real Oviedo, o ex-gardameta profesional Arnau, motivou que o club asturiano solicitase á Real Federación Española de Fútbol o aprazamento de todos os seus partidos, incluído o que o filial debía xogar en terras pontevedresas.
Con todo, ao tratarse dunha xornada unificada co descenso no aire, a Federación desestimou a petición, xa que iso tería provocado a paralización de máis encontros na Segunda B afectando a un bo número de clubs.
O choque que si se aprazou é o do primeiro equipo do Oviedo na Segunda División, que debía enfrontarlle ao Mirandés.
Tras coñecer a noticia do falecemento de Arnau, porteiro que na súa etapa como xogador militou en equipos como o FC Bacelona ou o Málaga, a resposta do mundo do fútbol foi unánime mostrando o seu pesar, entre eles tamén un Pontevedra Club de Fútbol que a través das súas redes sociais enviou "todo o noso agarimo á familia e amigos de Francesc Arnau, así como á directiva, corpo técnico e afección do Real Oviedo".