Reto de altura para o Arosa fronte a un Compostela que é "un grandísimo rival"

O Salnés
03 de decembro 2021

O conxunto arlequinado, que seguirá sen poder contar con Pedro García e Campillo por lesión, recibe este domingo (17.00 horas) na Lomba ao cuarto clasificado, o Compostela, en busca dun triunfo que lles faga crecer na Segunda RFEF

Adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF
Adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF / Cristina Saiz

Recomposto da súa derrota no derbi en Pasarón, o Arosa afronta este domingo 5 de decembro (17.00 horas) outro reto de altura na Segunda RFEF, coa visita ao estadio da Lomba do cuarto clasificado, a Sociedade Deportiva Compostela.

"É un grandísimo rival", avisa Jorge Otero "sobre todo polo bloque, ten un moi bo equipo" que "quizais este ano é algo máis profundo".

Por ese motivo, analiza o técnico arlequinado, "vai esixirno estar moi concentrados, moi atentos, e temos que tentar que non estean cómodos".

Ademais Otero pon deberes aos seus, defendendo que "temos que chegar con máis claridade, ser máis profundos e a ver se somos capaces de non ter tantas perdas, que cun equipo como o Compos vaino facer dano".

Todo por tentar lograr un triunfo que consolide aos de Vilagarcía na zona tranquila da clasificación e permítalles seguir crecendo na competición.

Unha semana máis as lesións castigan ao Arosa, que ademais dos lesionados de longa duración Róber e Álex Cobo, segue sen poder recuperar esta fin de semana a Campillo e a Pedro García.

O colexiado do encontro será o castelán-leonés Omar Álvarez Rodríguez.