Reforzo no Teucro e cambio de pavillón para tentar prolongar o seu bo momento

Pontevedra
20 de outubro 2023

O club pontevedrés, que iniciou a tempada en Primeira Nacional con cinco triunfos no primeiras cinco xornadas, confirmou a fichaxe do extremo Carmelo Álvarez

Carmelo Álvarez, novo xogador do Teucro Sociedad Deportiva Teucro

Nin o seu bo arranque en liga freou á Sociedad Deportiva Teucro á hora de tentar mellorar o nivel do seu plantel, co obxectivo de pelexar polo ascenso de categoría.

O conxunto pontevedrés, que encadea cinco triunfos nas cinco primeiras xornadas do campionato, anunciou este xoves unha nova incorporación.

Trátase Carmelo Álvarez, extremo esquerdo procedente do San José Obrero de Lanzarote.

O novo xogador teucrista poderá xa debutar co seu novo equipo na próxima xornada, na que o Teucro recibirá o BM Tejina.

Este encontro, ao coincidir con xornada da División de Honra Prata para o Cisne, supoñerá ademais un cambio de localización para o vicedecano do balonmán nacional, que xogará o seu encontro no pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe (sábado, 20.00 horas).