Recital goleador do Marín Futsal sobre o Leganés para despedir a tempada (9-3)

Marín
11 de xuño 2022

A tempada concluíu da mellor forma para o Marín Futsal, que puxo o broche de ouro ao seu primeiro ano en Primeira División cunha auténtica goleada sobre o Leganés e co obxectivo da permanencia máis que cumprido

Último partido de liga entre o Marín Futsal e o Leganés

A tempada concluíu da mellor forma para o Marín Futsal, que puxo o broche de ouro ao seu primeiro ano en Primeira División cunha auténtica goleada sobre o Leganés e co obxectivo da permanencia máis que cumprido.

O cadro adestrado por Raúl Jiménez non tivo rival na despedida de tempada na Raña, onde dominou de principio a fin para deleitar á súa afección dun recital ofensivo.

Avisou en primeiro lugar o Leganés cun disparo de Guti que parou Antía e, ao momento, replicó o Marín co seu primeiro tiro a porta que se convertía no tanto inaugural. María León enviou o esférico a Pau que, desde o á esquerda, xutou cruzado e coou o esférico no fondo da portería.

Era o Marín o que se fixo dominador da posesión, mentres as madrileñas realizaban un intensa pero insuficiente presión para crear perigo en área marinense.

Tivo, iso si, a oportunidade de ampliar a renda Lucía cun disparo cruzado, pero Luci desviou coas pernas a fóra de banda. Mentres tanto, o Lega buscaba igualar cun centro chute de Patri que se foi rozando o pau e con outro tiro de Guti que saíu desviado. Tamén probou fortuna Natalia Orive en repetidas ocasiones pero a gardameta marinense estivo moi atenta en todo momento para desbaratar as opcións do rival.

Tamén se convertía en clara protagonista a porteira visitante, Luci, que atallaba todos e cada un dos disparos dun Marín que axexaba continuamente a súa portería e non se conformaba co 1-0.

Pero foi o cadro pepinero o que devolveu as táboas ao marcador despois dun saque de esquina. Isa García cedeu a María, esta a Carmen Noreña sacase un canonazo onde nada puido facer Antía.

veu arriba o Leganés tras o gol e comezou a xerar as mellores oportunidades tras roubo en área rival, pero nunha contra iniciada e culminada por Ceci na escuadra, o Marín volvía poñer por diante. Corría o minuto 17.

E sen tempo para a reacción, na seguinte xogada chegou o terceiro das locais por medio de Café, que enviaba o balón á escuadra no segundo pau. Acto seguido e a escasos segundos para a conclusión, foi a propia Café a que anotou o cuarto tanto para o Marín. A goleadora bateu un saque de banda e coouno por baixo dentro da portería de Lucía, que nada puido facer.

Co 4-1 comezaba a segunda metade e o Leganés xa conseguía marcar. Puche sacou un disparo afastado que repeleu Antía e caeu novamente nas botas da xogadora do Leganés que, esta vez, conseguiu facer o segundo para o seu equipo.

Seguiu buscando o conxunto visitante reducir distancias pero o Marín facíase grande e marcaba catro goles en catro minutos por medio de Ceci, Pau, María León e Adriana.

Co partido máis que sentenciado co 8-2, ao Lega non quedou outra opción que optar polo xogo de cinco. Foi así como aos 29 minutos Patry Montilla facía o terceiro para as súas, que por moito que o tentaron non conseguiron superar a Antía baixo paus.

Parecía que o partido acabaría así pero nos últimos instantes, as xogadoras do Leganés Luci Sánchez e María Barcelona non se entenderon e esta última enviou o balón ao fondo da súa propia portería, anotando o 9-3 co que concluíu o duelo para dous equipos salvados que disputarán unha tempada máis en Primeira.

Marín FS (9): Antía; María León, Ceci, Café e Pau (quinteto inicial). Tamén xogaron, Dani Fleitas, Mar, Adriana, Lu, Inés Mayán e Marta Gago.

Leganés (3): Luci; Guti, Puche, Patri Blázquez e Patry Montilla (quinteto inicial). Tamén xogaron, Chuli, Isa García, Orive, María Barcelona, Paula Molano, Alba, Pipi e Elena.

Goles: 1-0, min. 4 Pau. 1-1, min. 14 Chuli. 2-1, min. 17 Ceci. 3-1, min. 18 Café. 4-1, min. 20 Café. 4-2, min. 21 Puche. 5-2, min. 25 Ceci. 6-2, min. 25 Pau. 7-2, min. 27 María León. 8-2, min. 28 Adriana. 8-3, min. 29 Patry Montilla. 9-3, min. 39 María Barcelona.

Inciencias: A Raña. Colexiados, Roberto Amor Vizoso e Borja Darriba Villamor.