Recepción provincial ás campioas de Europa de fútbol sala

Pontevedra
14 de xullo 2022

O deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, ofreceu unha recepción ás futbooistas Silvia Aguete e Luci e ao preparador físico pontevedrés Adrián Paz, protagonistas do segundo Europeo gando pola Selección Española de fútbol sala

Recepción na Deputación a Silvia Aguete, Luci e Adrián Paz Mónica Patxot

O recente título Europeo conseguido pola Selección Española de fútbol sala foi motivo de homenaxe na Deputación de Pontevedra.

O deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, ofreceu unha recepción oficial ás representantes do deporte pontevedrés na Selección Española, que sumou en Portugal o seu segundo título continental consecutivo, "un éxito moi importante".

"Estas vitorias serven para impulsar o noso deporte, porque o deporte feminino necesita desta visibilidade", destacou no acto a gardameta Silvia Aguete, xogadora do Marín Futsal e protagonista da final ao ser decisiva coa súa actuación nos lanzamentos de penalti.

Tamén Lucía Gómez 'Luci', deportista do Poio Pescamar, recibiu o parabén desexando "poder estar aquí o ano que vén" celebrabndo un novo éxito.

A representación pontevedresa na Selección Española de Fútbol sala completouna o preparador físico Adrián Paz.