Recepción municipal a Judith Cobas tras o seu triunfo no Torneo Estatal de tenis de mesa

Pontevedra
08 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A deportista pontevedresa foi recibida este venres polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, tras a súa boa actuación no torneo celebrado en Tarragona

Recepción municipal a Judith Cobas tras vencer no Torneo Estatal de tenis de mesa Mónica Patxot

Judith Cobas, xogadora do Tenis de Mesa Monte Porreiro, recibiu este venres o apoio do Concello de Pontevedra tras o seu bo resultado no Torneo Estatal celebrado en Tarragona.

A xogadora pontevedresa impúxose no estatal na categoría individual feminina confirmando o seu gran momento deportivo.

De feito Judith acumula esta tempada un 95% de vitorias nos seus encontros na División de Honra co Tenis de Mesa Pontevedra, cunha impresionante estatística de 21 triunfos en 22 partidos disputados.

A xoven xogadora foi recibida polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañada do seu adestrador Nando Álvarez.