Recepción municipal á directiva do Marín CF, "que colle con ganas e optimismo un reto importante para o deporte base"

Marín
04 de agosto 2024

Miguel Pazos Beis, presidente do club, Manuel Gago e Daniel Pereira tomaron as rendas da formación deportiva o pasado mes de xullo e explicaron durante a recepción o acordo ao que chegou o equipo ao que dirixen co Vila de Marín. Segundo indicaron, será este último o que se encargue de formar á canteira, traballando desde as idades máis temperás para conseguir que os xogadores acaben despois no equipo sénior do Marín CF

 

María Ramallo e Antonio Traba coa directiva do Marín CF Concello de Marín

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, recibiron este venres no Concello á nova directiva do Marín Club de Fútbol, "que colle con ganas e optimismo un reto importante para o deporte base de Marín".

Miguel Pazos Beis, presidente do club, Manuel Gago e Daniel Pereira tomaron as rendas da formación deportiva o pasado mes de xullo e explicaron durante a recepción o acordo ao que chegou o equipo ao que dirixen co Vila de Marín. Segundo indicaron, será este último o que se encargue de formar á canteira, traballando desde as idades máis temperás para conseguir que os xogadores acaben despois no equipo sénior do Marín CF

Esta é unha das moitas sinerxias que se crean entre ambos clubes, "evidenciando a boa sintonía e traballo común" que teñen os dous equipos.

Ademais, desde a nova directiva trasladaron ao Concello unha serie de demandas de cara ás necesidades que teñen as instalacións municipais nas que adestran.