Reacción do Arosa para vencer o Polvorín e derrota do Villalonga en Noia

O Salnés
17 de febreiro 2025
Actualizado: 12:21

O club arlequinado estreou a súa nova etapa tras a saída de Míchel Alonso cun triunfo reparador levantando un 2-0 en contra

Once inicial do Arosa no partido contra o Polvorín
Once inicial do Arosa no partido contra o Polvorín Arosa SC

Triunfo reparador do Arousa no primeiro partido de David López 'Perú' no banco, tras a saída de Míchel Alonso.

O conxunto arlequinado estreou a súa nova etapa cunha remonta no campo do Polvorín (2-3), levantando un encontro que se lle puxo seriamente en contra.

E é que na primeira media hora o filial do Lugo golpeou con dureza aproveitando erros dos vilagarciáns, tomando vantaxe con goles de Jorge Maceira e Sobrido.

Todo empezou a cambiar antes do dencanso, ao meterse de novo o Arosa na pelexa ao aproveitar Samu Santos un barullo dentro da área para recortar distancias, cun disparo que tocou nun defensor local.

Quedaba tempo, e o Arosa foi a polo partido obrando a ansiada remontada, primeiro empatando no 73 cun gol de Hugo Villaverde e despois culminando o 2-3 desde o punto de penalti, transformado por Rivera.

Un triunfo que permite aos arlequinados consolidarse na quinta posición e non perder de vista os equipos que lle preceden na táboa.

Consulta aquí a acta do partido entre Polvorín e Arosa.

Peor lle foron as cousas ao Villalonga, que non puido dar continuidade ás súas dúas últimas vitorias na súa visita ao campo dun complicado Noia (2-0).

Foi un duelo tremendamente disputado, e que non se decidiu até os minutos finais.

O conxunto local adiantábase no minuto 70 de xogo por medio de Javi Muíño.

Xusto despois chegaba a segunda amarela de Tomás Abelleira, que puña aínda máis complicada a remonta.

Sobre todo porque no minuto 79 Hugo Losada facía o definitivo 2-0, deixando sen capacidade de reacción os celestes, que quedan con esta derrota no posto 14 con só dous puntos de vantaxe sobre a zona de descenso directo.

Consulta aquí a acta do Noia - Villalonga.