O Club Bádminton Ravachol Pontevedra terá presenza no máximo organismo da Federación Española de Bádminton, a asemblea federativa.
A entidade pontevedresa foi elixida no inicio do proceso electoral como representante dos clubs de elite.
Será o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro, o que acceda a partir de agora á Asemblea.
"Estamos moi contentos de poder formar parte da asemblea e ser partícipes do rumbo que tome o bádminton español", explica o club da Boa Vila.
Afirma ademais que "traballaremos para exercer esta representación para a que fomos elixidos da mellor maneira posible, e esperamos que a situación actual cambie para que se volva falar de bádminton e non de fraudes electorais electorais e xestión deficiente".
O Bádminton Pontevedra xa se mostrou recentemente moi crítico co actual presidente da Federación.
De feito no proceso electoral recentemente iniciado apoiaron publicamente o galego Rodrigo Sanjurjo e non ao actual reitor federativo, Andoni Azurmendi.
Tras as eleciones dos representantes de deportistas, técnicos, árbitros, clubs, deportistas de elite, técnicos de elite e clubs de elite, estes serán os que escollan agora o próximo presidente da Federación Española.