Raúl Jimenez e o Marín Futsal separan os seus camiños

Marín
22 de xuño 2022

O adestrador andaluz, fincado en Pontevedra, non continuará a próxima tempada no banco do Marín Futsal, equipo ao que logrou ascender á máxima categoría e co que protagonizou este curso unha notable tempada

Raúl Jiménez, no partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Majadahonda
Raúl Jiménez, no partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Majadahonda /

Cambio de ciclo no Marín Futsal, tras a súa exitosa tempada de debut na Primeira División do fútbol sala feminino nacional.

O club marinense confirmou que Raúl Jiménez deixará de ser adestrador do primeiro plantel despois de dous cursos.

"Estamos moi agradecidos por todo o seu traballo e por todo o conseguido co equipo. O seu nome queda ligado á historia do noso club", sinala o Marín Futsal.

Non é para menos, e é que baixo o seu mando, o equipo da Raña conseguiu ascender á máxima categoría, asentarse na mesma e chegar á fase final da Copa da Raíña, na que caeu nos cuartos de final.

"Desexámosche moitísima sorte nos teus futuros proxectos deportivos. O Marín Futsal é a túa casa e tes as portas sempre abertas", conclúe a entidade marinense, que agora deberá buscar novo responsable técnico.