Raúl Bergua triunfa no Máster Nacional de Bádminton de Alfajarín

Pontevedra
22 de febreiro 2024

O xoven xogador do Club Bádminton Ravachol Pontevedra obtivo unha dobre medalla de ouro na competición nacional de categoría sub-17 celebrada en Alfajarín, Zaragoza

Raúl Bergua, no podio do Máster Nacional Sub-17 de Alfajarín Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra celebra os resultados dunha das súas novas promesas, Raúl Bergua.

O xogador pontevedrés foi un dos grandes protagonistas do Máster Nacional Sub-17 celebrado na localidade zaragozana de Alfajarín.

Bergua logrou unha dobre medalla de ouro no torneo nacional, tanto na proba individual como no dobres, onde formou parella co ourensán Xoel Álvarez. Uns resultados que lle reafirman no primeiro posto do ranking nacional da súa categoría.

Tras esta cita Raúl Bergua mira cara arriba, e é que o seu próximo reto será o Máster da categoría Sub-19 que terá lugar os días 2 e 3 de marzo en Tordesillas.