Ratifican a composición dos grupos de Segunda B: o Pontevedra xogará contra os navarros

Pontevedra
14 de xullo 2015

A pesar das protestas de varios equipos, fundamentalmente vascos e navarros, a asemblea da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) ratificou este martes a composición dos grupos de Segunda División B para a próxima tempada que recentemente propuxera a comisión mixta

Asemblea da Federación Española de Fútbol Real Federación Española de Fútbol

A pesar das protestas de varios equipos, fundamentalmente vascos e navarros, a asemblea da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) ratificou este martes a composición dos grupos de Segunda División B para a próxima tempada que recentemente propuxera a comisión mixta.

O ente federativo non tivo en conta a reclamación destes equipos, que chegaron mesmo a ameazar con non competir na categoría se se mantiña a distribución proposta.

A composición definitiva do grupo I da Segunda B é a seguinte:

  • Galicia (6): Pontevedra, Celta B, Racing de Ferrol, Somozas, Coruxo e Compstela.
  • Castela e León (6): Burgos, Arandina, Astorga, Cultural Leonesa, Valladolid B e Guijuelo.
  • La Rioja (1): Logroñés.
  • Cantabria (1): Racing de Santander.
  • Navarra (3): Pena Sport, Izarra e Tudelano.
  • Asturias (2): Lealtad e Sporting B.
  • Estremadura (1): Cacereño.

 

Os equipos vascos e navarros pedían xogar no mesmo grupo, ao entender que a distribución finalmente aprobada lles vai xerar numerosos prexuízos económicos pola distancia que deberán percorrer cada quince días para competir. A esta tese sumouse tamén o Pontevedra, en contra do criterio do resto de equipos galegos, que prefería xogar nun grupo con madrileños e o Mensajero canario.

ENTREGA DO TROFEO DE CAMPIÓNS

Ademais, durante a asemblea da RFEF o seu presidente, Anxo María Villar, fixo entrega ao Pontevedra CF do trofeo que o acredita como campións do grupo I da Terceira División a pasada tempada. Recolleuno a presidenta do club, Lupe Murillo.