O Club Bádminton Ravachol Pontevedra regresou cun gran sabor de boca do Campionato de España Sénior celebrado en Punta Umbría (Huelva).
Ata a localidade andaluza desprazouse unha única representante do club pontevedrés, Raquel Miguens, pero fíxose cun botín de dúas medallas, un ouro individual e unha prata no dobres feminino xunto á asturiana Tamara Valcárcel.
No torneo individual Miguens avanzou con contundencia ata a gran final na que se atopou á malagueña Eva Perálvarez. A pontevedresa dominou no inicio, pero o seu rival chegou a forzar o terceiro set obrigándoa a esforzarse ata o final para levar o título.
Pola súa banda no dobres afrontaron un esixente encontro na semifinal ante a galegas María Corral e Vanesa Serrano, do que Raquel Miguens e Tamara Valcárcel saíron vitoriosas, pero non así na final, na que caeron ante as malagueñas Marina Garvi e Verónica Gutiérrez.
Trátase en todo caso das primeiras medallas da historia do club pontevedrés nunha das máximas competicións nacionais.