Rápido de Bouzas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación

Pontevedra
18 de decembro 2015

O partido de ida xogarase o 7 de xaneiro no Estadio Municipal de Pasarón e a volta en Bouzas o día 21. O sorteo estaba condicionado pola proximidade xeográfica

Partido entre Rápido de Bouzas e Pontevedra no Baltasar Pujales PontevedraViva

Era o rival desexado para evitar un desprazamento no medio dunha semana de competición ligueira, e por unha vez o criterio de proximidade xeográfica cumpriuse.

O Rápido de Bouzas será o rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación, rolda á que os granates accederon tras eliminar ao Marino de Luanco, mentres o cadro vigués deixou na cuneta na prórroga ao Ciudad Rodrigo.

O choque de ida xogarase no Estadio Municipal de Pasarón o próximo 7 de xaneiro, mentres a volta fixouse para o día 21 no Baltasar Pujales.

O resto de emparellamentos de oitavos de final son: Mérida-Badajoz, Logroñés-Gimnástica, Condal-Sariñena, Atlético Baleares-Lorca, Quintanar del Rey-Elche Ilicitano, Móstoles-Villa Santa Brígida e Guadalajara-Rayo Majadahonda.