Ramiro Díaz, adestrador do Marín Futsal: "Nuestra ilusión es crecer y mejorar"

Marín
10 de xullo 2022

Con "mucha ilusión" aterrou Ramiro Díaz no Marín Futsal para afrontar esta tempada como adestrador da entidade da Raña. O técnico conta cunha longa traxectoria a nivel internacional, con pasado en ligas de Italia e Kuwait e sempre adestrando a equipos masculinos

Ramiro Díaz, novo adestrador do Marín Futsal para a tempada 2022/23
Ramiro Díaz, novo adestrador do Marín Futsal para a tempada 2022/23 / Marín Futsal

Con "mucha ilusión" aterrou Ramiro Díaz no Marín Futsal para afrontar esta tempada como adestrador da entidade da Raña.

O técnico conta cunha longa traxectoria a nivel internacional, con pasado en ligas de Italia e Kuwait e sempre adestrando a equipos masculinos. É por iso que para el supón un "novo reto" dirixir este proxecto feminino e na máxima categoría do fútbol sala nacional.

Sen obxectivos próximos á vista, Díaz prefire ir paso a paso: "Necesitamos ver el campeonato, vernos a nosotras, comprender el espacio y, a partir de ahí, veremos. Nuestra ilusión es crecer y mejorar".  indica.

De feito, "todas las plantillas están incompletas", polo que non descarta algunha fichaxe de última hora para reforzar o cadro de persoal dun Marín que está "más o menos completo" e que mira de esguello ás xogadoras que poidan quedar libres no mercado.

E é que no aire está o que poida ocorrer esta tempada co Burela, un habitual na final a catro e claro rival a bater por todos os equipos do panorama nacional, pero que, co descenso de categoría do equipo masculino, está a ver unha 'fuxida' das súas xogadoras a outros equipos, como é o caso de Ale de Paz, que gañou once títulos co equipo laranxa pero xogará este ano no Marín.

Pero para o técnico marinense "seguirá siendo igual. Habrán decidido que es momento de cambio pero seguirá siendo referente en el panorama gallego y nacional", insiste, consciente de que esta tempada vai ser "dulce" e será para "disfrutar".

Agora, o principal é ir pechando amigables "por proximidad" aínda que sen descartar viaxar a algún sitio. Independentemente diso, Ramiro Díaz confirma que a data de inicio deste "reto" é o luns 1 de agosto co inicio da pretemporada.