Cinco semanas son as que separan o Arosa da disputa do primeiro partido do play-off a Segunda B.
"Es grandioso. Después de todo vamos a poder disputar en el campo la posibilidad de ascenso", afirma o adestrador, Rafa Sáez, que lamenta a finalización da liga cando se atopaban en terceira posición e con boas sensacións nos partidos.
Agora, non lles quedou outra que amoldarse á nova normalidade. Aínda que é certo que os xogadores estiveron adestrando nas súas casas e despois no campo a porta pechada cumprindo coas medidas sanitarias, ata esta semana non puideron regresar aos adestramentos de maneira normal. "Estamos muy emocionados, fue mucho tiempo sin vernos", comenta Sáez.
Esa emoción e ilusión non só é por volver ao terreo de xogo, senón tamén polo ambiente que se respira na cidade. "La afición está muy volcada, la gente pregunta por las calles, habla y contagia a todo el equipo".
Son moitos anos, en concreto 27, os que leva o Arosa sen disputar unha eliminatoria deste nivel. Por iso, o técnico arousán sente "obligado" en pensar que o equipo ten opcións para ascender.
Con todo, para iso ten que esperar e realizar unha 'minipretemporada'. O que normalmente era de varios meses e coa opción de disputar partidos amigables, agora queda reducida a cinco semanas. Tempo récord no que teñen como obxectivo "controlar la ansiedad y centrarse en prevenir lesiones".
Ese é o principal hándicap do equipo, "ir con pies de plomo para no caer en las lesiones", asegura Rafa Sáez, que ve a parte positiva en que poderá realizar cinco cambios durante todo o partido, "da un respiro".
Aínda así, o seu obxectivo é afrontar o primeiro partido con todos os xogadores do persoal e así despois elixir quen serán os que se enfrontarán ao Ourense CF o domingo 19 de xullo en Balaídos e, en caso de gañar esa eliminatoria, disputar a final decisiva polo ascenso o 25 de xullo contra o gañador do duelo entre Compostela e Barco.
A fase de ascenso, segundo o establecido na normativa aprobada pola Federación Española, non contempla a opción de prórroga nin penaltis, polo que no caso dun empate avanzará de rolda o equipo mellor clasificado na fase regular.