RADIO.- O Galaico Sincro recolle a luva da unificación na natación sincronizada de Pontevedra

Pontevedra
22 de setembro 2017

A presidenta e dúas das adestradoras do Club Galaico Sincro fálannos da pretempada 2017-18 e os seus obxectivos para esta tempada. Ademais, Belén Álvarez responde afirmativamente á pregunta de PontevedraViva Radio: sería bo para a natación sincronizada de Pontevedra a unificación dos dous clubs da cidade?

Sonia Paramá, Diana Fernández e Belén Álvarez, adestradoras e presidenta do Clube Galaico Sincro Mónica Patxot

Desde comezos do mes de setembro, as aproximadamente oitenta mozas que forman parte do Club Galaico Sincro retomaron os seus adestramentos das pretemporada 2017-18. A campaña anterior terminou con importantes consecucións, polo que esta que comeza non será sinxela se como sinalan dúas das súas adestradoras, Diana Fernández e Sonia Paramá, quérese manter e seguir elevando o nivel do club.

Repasamos con elas e coa presidenta, Belén López, por onde pasan eses obxectivos e as competicións nas que se aspira a estar.

Desde o club ademais queren visibilizar este deporte da natación sincronizada, polo que durante este mes de setembro é posible probar gratuitamente achegándose ás instalacións do Galaico Sincro na sede da Fundación Rías do Sur de Pontemuiños.

Durante estas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio, xorde unha pregunta: sería bo para a natación sincronizada de Pontevedra a unificación dos dous clubs da cidade? A resposta da presidenta é afirmativa e manifesta a súa dispoñibilidade se así se expuxese a posibilidade. A luva, entón, lanzámola.