Con motivo da elección de Pontevedra como sede do ITUMultisport Festival de Tríatlon, a organización Festri presentou xunto á concelleira de deportes AnxosRiveiro a súa proposta de voluntariado para este 2018. Este evento traerá á cidade cinco mundiais desta disciplina deportiva durante o ano 2019 e a el súmanse a celebración do mundial júnior de balonmán e o mundial de loita. A proposta está orientada á preparación dos voluntarios para estes eventos deportivos que terán lugar o próximo ano e a organización espera recibir máis de 800 persoas, superando ás 600 do ano 2014.
Todos aqueles que queiran inscribirse como voluntarios poderano facer a partir da semana que vén a través do teléfono 644 890 595 ou enviando un correo electrónico á dirección oficinadevoluntariado@gmail.com. O único requisito é ter moitas ilusión por axudar e contar con 16 anos cumpridos, sendo necesario un permiso paterno para os menores de idade.
Festri poñerá en marcha unha campaña para a captación de futuros voluntarios e terá presenza tanto na rúa como nas redes sociais. Ademais, este sábado 3 de marzo ás 20:00 horas terá lugar un acto no Centro Social Gorgullón onde se presentará o espazo que utilizará o voluntariado para o exercicio das súas actividades. Estas se realizarán os venres pola tarde e os sábados pola mañá. A organización ofrecerá a aquelas persoas que queiran formar parte das actividades acreditacións e certificados que os distingan como voluntarios, así como un seguro para todas as actividades que realicen e encontros con outros voluntarios.