Probas biomecánicas nun Froiz que acelera cara ao inicio da tempada

Pontevedra
27 de xaneiro 2021

O conxunto alimenticio, que suspendeu a súa tradicional concentración de pretempada ante as restricións vixentes pola Covid, prepárase para unha nova tempada que comezará para eles na primeira proba da Copa de España, o Circuito do Guadiana, o próximo 27 de febreiro

Pruebas biomecánicas do Supermercados Froiz 2021 Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz acelera cara o inicio da tempada deportiva, que para eles está previsto iniciar o 27 de febreiro coa disputa da primeira cita puntuable da Copa de España Elite e Sub-23, o Circuito do Guadiana en Estremadura.

O conxunto alimenticio viuse obrigado a suspender a súa tradicional concentración de pretempada, prevista do 16 ao 19 de febreiro, ante as actuais restricións impostas pola Covid, pero non por iso deixa de prepararse a conciencia.

De feito os ciclistas galegos do Froiz comezaron a pasar esta semana as habituais probas biomecánicas co obxectivo de axudar a mellorar o seu rendemento. Un estudo realizado en Biomecánica San Lázaro, que analizará ao detalle a posición dos corredores sobre as súas bicicletas.

Doutra banda os integrantes do equipo pontevedrés afinan a súa posta a punto con adestramentos programados pensando xa no inicio das carreiras.

Neste aspecto tres das bazas principais do Froiz para a Copa de España como Pablo Alonso, Miguel Ángel Mera e Ramón Fernández, atópanse concentrados en Alacante preparando esta competición.