Os afeccionados pontevedreses do mundo do motor xa poden rodear no calendario as datas das principais probas automobilísticas do próximo ano.
A Federación Galega de Automobilismo deu a coñecer o calendario autonómico para a tempada 2025, con varias probas dos campionatos galegos de montaña, rallymix e rallyes na comarca de Pontevedra.
No Campionato Galego de Rallyes repite un ano máis o Rallye de Pontevedra, considerada como a proba mellor valorada en 2024, e que na súa sétima edición disputarase os días 7 e 8 de xuño de 2025, sendo a quinta cita puntuable da tempada.
A especialidade con maior volume de carreiras na comarca será a de RallyMix, campionato de rallyes mixtos terra-asfalto.
Neste campionato a cuarta cita puntuable será o 4ª RallyMix de Ribadumia os días 26 e 27 de xullo, seguida del 5º RallyMix de Portas o 30 e 31 de agosto e da sexta edición do RallyMix Cuntia Vila Termal, previsto para os días 20 e 21 de setembro.
Ademais as sempre seguidas probas do Campionato Galego de Montaña non faltarán á súa cita coas estradas de Poio e Ponte Caldelas.
A 25ª Subida A Escusa, en Poio, será a próxima tempada a terceira cita do campionato autonómico os días 14 e 15 de xuño, mentres que a 8ª Subida a Ponte Caldelas pechará o certame o 6 e 7 de setembro.
Consulta aquí o avance completo de calendario da Federación Galega de Automobilismo para o ano 2025.