O pontevedrés Carlos Álvarez, na prelista dos 'Hispanos' para o Mundial de balonmán

Pontevedra
12 de decembro 2024

A previsión é que o seleccionador anuncie nos próximos días o grupo de traballo co que preparará o Mundial e do que sairá a lista definitiva de elixidos, composta por 18 xogadores

Carlos Álvarez no seu su debut coa Selección Española de Balonmán J.L. Recio / RFEBM

Apenas dous meses despois da súa primeira chamada para ser parte da selección española absoluta de balonmán, o pontevedrés Carlos Álvarez está preto de participar na súa primeira gran competición internacional: o Mundial que se celebrará en Croacia, Dinamarca e Noruega.

Álvarez foi incluído na lista de 35 xogadores preseleccionados que anunciou o seleccionador nacional, Jordi Ribera, para participar no torneo mundialista que se disputará entre os días 14 de xaneiro e 2 de febreiro.

O extremo pontevedrés, que marcou dous goles no seu debut internacional con España -o pasado mes de outubro no choque clasificatorio para o Europeo contra Italia-, forma parte pois da lista a partir da cal Ribeira deberá elaborar a convocatoria definitiva dos 'Hispanos'.

A previsión é que o seleccionador anuncie nos próximos días o grupo de traballo co que preparará o Mundial e do que sairá a lista definitiva de elixidos, que segundo todas as informacións, estará composta por 18 xogadores.

Polo momento, España incluíu nesta convocatoria previa a cinco porteiros: Nacho Biosca (Nantes), Rodrigo Corrales (Veszprem), Sergey Hernández (Magdeburgo), Gonzalo Pérez de Vargas (Barcelona) e Roberto Rodríguez (Granollers).

A eles súmanse seis centrais, Agustín Casado (Veszprem), Ferran Castillo (Granollers), Petar Cikusa (Barcelona), Gorka Nieto (Bidasoa Irún), Natan Suárez (Sporting) e Ian Tarrafeta (PAUC).

Hai, ademais, cinco laterais esquerdos, Dani Dujshebaev (Kielce), Antonio García (Granollers), Jan Gurri (Sporting), Mario Nevado (Nava) e Asier Nieto (Bidasoa Irún); e tres laterais dereitos, Djordje Cikusa (Montpellier), Álex Dujshebaev (Kielce) e Imanol Garciandia (Szeged).

Xunto a Carlos Álvarez foron chamados outro catro extremos dereitos, Mamadou Diocou (Porto), Aleix Gómez (Barcelona), Kauldi Odriozola (Nantes) e Ferran Solé (París SG); e cinco extremos esquerdos, Aitor Ariño (Barcelona), Ian Barrufet (Melsungen), ​Dani Fernández (Stuttgart), Ángel Fernández (Torrelavega) e Miguel Sánchez-Migallón (Benfica).

A lista complétase co seis pivotes preseleccionados, que son Gedeón Guardiola (Nava), ​Álvaro Martínez (At. Valladolid), ​Iñaki Peciña (Chambéry), ​Javi Rodríguez (Barcelona), Víctor Romero (Granollers) e Abel Serdio (Wisla Plock).