Pontevedra repetirá este 2023 como unha das sedes da Copa de España de Ciclocrós

Pontevedra
05 de xuño 2023

O Gran Premio Cidade de Pontevedra, que por terceiro ano consecutivo terá categoría internacional C1, foi incluído no calendario da próxima edición da Copa de España de Ciclocrós aprobado este luns pola Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo

Gran Premio Cidade de Pontevedra de ciclocrós

O Gran Premio Cidade de Pontevedra de Ciclocrós repetirá no calendario da próxima edición da Copa de España da especialidade tras ser incluido no calendario aprobado este luns pola Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo.

O evento, que por terceiro ano consecutivo contará con catalogación de categoría internacional C1, celebrarase o próximo 7 de outubro, sendo unha nova oportunidade para axustar detalles organizativos de fronte ao Campionato de Europa de 2024 que terá lugar no circuíto da Illa das Esculturas.

A de Pontevedra será a segunda cita puntuable do certame nacional, que se estreará o 1 de outubro co XIII Trofeo Villa de Gijón.

O calendario completo da Copa de España é:

  • XIII Trofeo Villa de Gijón (1 outubro)
  • Gran Premio Cidade de Pontevedra (7 outubro)
  • Gran Premi Ciclocros Les Franqueses-KH7 (29 outubro)
  • XXX Ciclocross Internacional de Karrantza (5 novembro)
  • XI Criclocross Ciudad de Alcobendas (19 novembro)
  • Ciclo-cross Ciudad de Xativa (16 decembro)
  • XXVI Cyclocross Internacional Ciudad de Valencia (17 decembro)