Pontevedra promociónase no Canadá de cara o Festival Multideporte que acollerá no 2019

Pontevedra
05 de agosto 2017

Pontevedra acollerá no 2019 o Festival Multideporte, a nova competición que vén de poñer en marcha a Federación Internacional de Tríatlon. A súa primeira edición celebrarase do 18 ao 27 de agosto en Penticton (Canadá) e alí xa se promocionará a Boa Vila de cara á súa cita deportiva

Prueba de elite masculina e Sub23 do Mundial de Dúatlon de Pontevedra en 2014 Diego Torrado

Pontevedra acollerá no 2019 o Festival Multideporte, a nova competición que vén de poñer en marcha a Federación Internacional de Tríatlon. A súa primeira edición celebrarase do 18 ao 27 de agosto en Penticton (Canadá) e alí xa se promocionará a Boa Vila de cara á súa cita deportiva.

Segundo informou o Concello, será a propia federación a encargada de difundir a imaxe de Pontevedra no Canadá.

Así, diferentes elementos promocionais informarán os triatletas que acoden a Penticton da competición que terá lugar en Pontevedra, para que vaian facendo axenda.

Ademais, este material explica as características e a situación da cidade en Galicia e recorda a ampla experiencia que ten Pontevedra na organización de eventos relacionados co tríatlon.

Tamén se cita que é a cidade na que adestra Javi Gómez Noya, pentacampión do mundo deste deporte e outros deportistas de alto nivel.

O Festival Multideporte, que se celebrará por vez primeira en España no 2019, é un gran acontecemento deportivo que xunta os mundiais de cinco disciplinas: duatlon, acuatlón, tríatlon cross, aquabike e tríatlon de longa distancia.

O propio Gómez Noya asegurou que desexa competir de novo en Pontevedra neste festival, no que se inclinará polo tríatlon de longa distancia.