Pontevedra e Castilla xogarán un partido benéfico este verán en Portonovo

Pontevedra
15 de xullo 2019

O Trofeo Manolo Martínez foi presentado este luns no salón de plenos do Concello coa presenza da presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo; e o directivo do Real Madrid, José Manuel Otero

O Trofeo Manolo Martín, presentado este luns no Concello de Sanxenxo PontevedraViva

Os camiños do Pontevedra e o Real Madrid Castilla cruzaranse varias veces esta tempada. Antes de medir forzas na liga, o equipo que dirixe Raúl González enfrontarase ao de Luismi o 1 de agosto no campo de Baltar, en Portonovo, co Trofeo Manolo Martín en xogo.

O evento foi presentado este luns no salón de plenos do Concello de Sanxenxo coa presenza do propio Manolo Martín, promotor do trofeo que celebra este ano o seu trixésimo sexta edición; a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, o directivo do Real Madrid, José Manuel Otero Lastres; o exárbitro internacional, García de Louza; e o alcalde sanxenxino, Telmo Martín. Como é habitual neste clásico trofeo estival, a recadación das entradas terán un fin benéfico. Por segundo ano consecutivo, os fondos irán parar ao Banco Farmacéutico de Galicia. "O diñeiro servirá para axudar a nenos e familias que non poden acceder tratamentos médicos como audífonos ou dispositivos para medir o azucre", explicou a presidenta da Fundación, Paula Chapela, durante a presentación do partido.

A cita terá lugar o 1 de agosto ás 19 horas no campo de Baltar. As entradas poderán adquirirse desde tres días antes do partido nos despachos de billetes do estadio de Baltar en horario de tarde. Co obxectivo de animar á asistencia, o Concello asinou un convenio de colaboración coa Fundación Banco Farmacéutico por 4.000 euros para repartir 1.500 entradas entre aqueles menoresque desexen acudir ao partido. Para o público adulto, o prezo das entradas é de 8 euros.