Pontevedra comparte o vídeo que conquistou á ITU para concederlle a final das series mundiais do 2023

Pontevedra
23 de decembro 2021

A peza audiovisual de menos de noventa segundos reúne os principais atractivos da cidade e mostra a súa dilatada experiencia na organización de competicións de tríatlon

Gómez Noya, no Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia en Pontevedra Xan Xiadas

Na canle de Youtube do Concello de Pontevedra xa está dispoñible para todos os públicos a breve peza audiovisual que resume a estreita relación da Boa Vila co tríatlon que terminou por convencer á ITU ( International Triathlon Union) para conceder á capital das Rïas Baixas a organización da final das series mundiais de tríatlon do 2023, o evento máis importante da tempada deste deporte.

Nun vídeo de menos de 90 segundos, os realizadores deixaron ben claros os puntos fortes da candidatura pontevedresa: unha cidade entregada ao tríatlon nunha contorna que combina á perfección natureza con paisaxes urbanas. E todo cunha posta en escena e un ritmo trepidantes. 

O éxito de eventos anteriores como o mundial multideporte exerceron de aval e exemplo do que Pontevedra é capaz de organizar. A vista de dron sucédense planos dos eventos musicais que se celebraron na Praza de España, do paso dos corredores entre nubes de afeccionados entregados, dos sobrecogedores espazos naturais que ofrecen o río Lérez e o Pontillón do Castro ou da inesquecible entrada de Gömez Noya e Pablo Dapena no CGTD para asinar un dobrete histórico.

Un cóctel irresistible que acabou por outorgar a gran final das series mundiais a Pontevedra, que pecha o círculo para ser, se aínda non o era, a capital do tríatlon.