Ponte Caldelas repite como escenario dun dos tramos cronometrados do Rallye Rías Baixas

Ponte Caldelas
03 de maio 2023

A Escudería Rías Baixas presentou este mércores o percorrido da 56 edición do seu rally, incluído na Copa de España, e que por segundo ano consecutivo pasará polo municipio de Ponte Caldelas

Mapa dos tramos cronometrados do 56 Rallye Rías Baixas Escudería Rías Baixas

A 56 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas, unhas das citas do mundo de motor de maior tradición na provincia, pasará por segundo ano consecutivo polo municipio de Ponte Caldelas.

A Escudería Rías Baixas presentou oficialmente o percorrido do rally que se desenvolverá do 25 ao 27 de maio.

No caso de Ponte Caldelas, formará parte da carreira cunha dobre pasada coronometrada a un tramo de 7,82 quilómetros de lonxitude, previsto para a tarde do venres 26 de maio a partir das 18.00 horas, xunto ao tramo Barciademera-Fornelos de 13,42 quilómetros. Antes, de mañá, disputarase o tradicional Shakedown ou tramo espectáculo nas inmediacións do Monte Alba.

Polo demais o sábado 27 de maio disputaranse outros tres tramos máis a dobre pasada, cunha nova especial de 4 quilómetros en Vigo que pechará a competición.

A actividade renovarase ás 11.00 horas do sábado coa cronometrada Vigo-Nigrán (13,76 km) e posteriormente os vehículos terán que facer fronte ás especiais Gondomar-Porriño (11,62 km) e Salceda (10,37 km). Tras varios controis de paso (en Nigrán, Gondomar e Salceda) e un reagrupamiento os equipos volverán a Vigo para ao redor das 15.00 horas, afrontar a última sección percorrendo novamente esas tres especiais e os catro quilómetros do tramode Vigo.