Pol Bueso, ansioso por vestir de granate: "Sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda"

Pontevedra
04 de xullo 2019

O defensor, de 34 anos, asegura que vencerá con "sacrificio y trabajo" aos que dubidan sobre a súa capacidade por mor da súa idade, e móstrase encantado de aterrar en "una ciudad de fútbol" cun proxecto que define de "ilusionante". A amizade que lle une con Berrocal, compañeiro hai tres tempadas no Hércules, foi unha das claves da súa fichaxe

Pol Bueso, nun adestramento do Hércules Hércules de Alicante Club de Fútbol

Nas súas primeiras horas como xogador do Pontevedra Club de Fútbol, Pol Bueso recoñeceu estar "muy contento e ilusionado a la vez" por aterrar no que cualifica unha "ciudad de fútbol".

O defensor castellonenco móstrase ansioso por vestir de curto e devolver a confianza mostrada nel despois dun ano complicado como o último no Hércules, no que non xogou desde febreiro por diferentes motivos.

"No tengo palabras para expresar la confianza que han depositado en mí y cómo devolverla", explicou a PontevedraViva, pero "se lo voy a devolver con sacrificio y trabajo", asegura.

Pol Bueso: "No tengo palabras para expresar la confianza que han depositado en mí y cómo devolverla"

Bueso chega a un proxecto que cualifica de "ilusionante", e acórdase das súas propias vivencias nun Pasarón vestido de play- off de ascenso. A pesar de que no seu currículo figuran tres ascensos a Segunda (Albacete, Nástic e UCAM Murcia), a súa primeira fase de ascenso deixoulle marcado. Foi na campaña 2007-2008 cando defendía as cores do Ceuta, que eliminaría ao Pontevedra nunha dolorosa xornada a beiras do Lérez ao vencer 1-2 tras un empate (1-1) no duelo de ida. "Yo he vivido lo que es el campo en un verdadero play-off. Me acuerdo como si fuera ayer de esa sensación cuando salimos, de cómo estaban las calles de la ciudad. Era mi primer play-off, imagínate", rememora a agora segunda fichaxe estival dos pontevedreses.

Será o destino, pero 11 anos despois os seus camiños volven cruzarse, e aínda por riba "soy muy de fechas y todo eso, y el día que se fundó el club es el día del cumpleaños de mi mujer", revela.

A pesar do seu último e convulso curso en Alacante, o Pontevedra mostrouse interesado nos seus servizos e así llo fixo saber desde o principio, tanto que aínda que contaba con máis ofertas e mesmo coa opción de volver á súa casa, Castellón, "me convencieron", explica. Nesa decisión, ademais das chamadas de Roberto Feáns e do adestrador, Luismi, xogou tamén un importante papel Jesús Berrocal,  ámigo íntimo de Bueso e que "fue casi el primero que me llamó".

Aos seus 34 anos, Pol  Bueso ten claro o que pode achegar os dous próximos anos ao Pontevedra Club de Fútbol, e por iso aínda que "entiendo muchas cosas y sé que la gente hasta que no me vea y cómo me adapto piensan que con 34 años es un riesgo", recoñece, "sé cómo estoy físicamente y la cuerda que me queda. Lo demostraré con trabajo y dentro del campo, estoy convencidísimo que va a salir bien". Toda unha declaración de intencións.