Poio Pescamar e Marín Futsal coñecen os seus emparellamentos para a segunda rolda da Copa da Raíña

Marín
21 de setembro 2023

O sorteo, celebrado na sede da Real Federación Española de Fútbol, deparou un longo desprazamento para o Poio Pescamar, que deberá viaxar ata Murcia. A eliminatoria, a partido único, disputarase o próximo 12 de outubro

Adestramento do Poio Pescamar 23-24 PontevedraViva

A Copa da Raíña de fútbol sala xa ten marcada a súa folla de ruta para Poio Pescamar e Marín Futsal, tras o sorteo este mércores dos emparellamentos de segunda rolda, nos que debutarán os equipos da máxima categoría.

O bombo deparou un longo desprazamento para o conxunto conserveiro, que deberá viaxar a Murcia, mentres que o Marín xogará máis preto da casa, en Asturias. Ambos os dous enfrontaranse a equipos da Segunda División.

Por unha banda o Poio Pescamar medirase a La Algadia FS, e o conxunto marinense terá como rival ao Rodiles FSF.

Esta eliminatoria de Copa, a partido único, disputarase o vindeiro xoves 12 de outubro.

No caso de superar a rolda, os 16 equipos vencedores da mesma afrontarán a terceira eliminatoria, deciciva para entrar na final a oito, o día 1 de novembro.