Poio Pescamar e Marín Futsal, a pola segunda vitoria para deixar atrás o mal inicio de liga

Marín
06 de outubro 2023

Despois das vitorias conseguidas a pasada fin de semana, Poio Pescamar e Marín Futsal afrontan este sábado un novo reto para deixar atrás o mal inicio de tempada e continuar coa senda do triunfo. As vermellas recibirán na Seca a un Rayo Majadahonda (18:30 horas) e as marinenses viaxan a Madrid para medirse ao Atlético Navalcarnero (17:00 horas)  

Partido de liga entre Marín Futsal e Leganés na Raña

Despois das vitorias conseguidas a pasada fin de semana, Poio Pescamar e Marín Futsal afrontan este sábado un novo reto para deixar atrás o mal inicio de tempada e continuar coa senda do triunfo.

As vermellasrecibirán na Seca a un Rayo Majadahonda (18:30 horas) que aínda non sabe o que é puntuar e atópase en penúltima praza da clasificación.

Por iso, tal e como explicou a gardameta Elena na rolda de prensa previa ao encontro, para poder sumar de tres e que "non nos dean a sorpresa" hai que defender ben "e despois facer as cousas en ataque como sabemos, creando moitas ocasións e aproveitándoas".

O Majadahonda "non tivo o mellor inicio de liga, nós tampouco, así que non podemos fiarnos e temos que saír enchufadas", indicou a porteira, para así por fin "enchanchar a dinámica do ano pasado".

Pola súa banda, o conxunto marinense, polo momento, terao máis complicado. Con todo, despois da goleada da pasada xornada ante a súa afección, o equipo viaxará a Madrid cos ánimos polas nubes para medirse ao Futsi Atlético Navalcarnaro en Madrid (17:00 horas).

As madrileñas atópanse sextas clasificadas con dous partidos gañados e un perdido, este último na primeira xornada fronte ao líder Alcorcón, polo que tras dúas vitorias consecutivas irán a por a terceira ante o Marín.