Gañar unha medalla de ouro mundial nunha competición de elite está ao alcance de moi poucos. Por ese motivo a Cristian Fernández, flamante campión do Mundo de acuatlón na recente carreira celebrada en Eivissa, acumúlanselle as homenaxes.
O deportista de Poio, que xa foi recibido pola corporación municipal da súa localidade natal, será obxecto dun novo tributo con motivo do partido que o Pontevedra Club de Fútbol xogará o vindeiro sábado 13 de maio (19.00 horas) en Pasarón fronte a Unionistas de Salamanca.
Tal e como confirmou o club granate Cristian será o encargado de realizar o saque de honra do partido.
Unha homenaxe desde o agarimo do club granate non só a un deportista contrastado da comarca, senón a un dos seus socios, xa que Cristian Fernández é afeccionado e abonado do club pontevedrés.
Cristian Fernández @Tianillo , campeón do mundo de acuatlón, será o encargado de levar a cabo o saque de honra no próximo partido ante o @UnionistasCF
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 10, 2023
https://t.co/cyjGKQF7FS#HaiQueRoelo pic.twitter.com/yHsNtSJkih