Pablo Dapena volverá competir nunha proba do circuíto PTO. Tras a súa última experiencia en Canada, o pontevedrés volverá estar na lista de saída deste prestixioso circuíto que ofrece unha bolsa de premios de 1 millón de dolares e que servirá a Dapena para quitarse a espiña do último mundial de longa distancia, no que tivo que abandonar.
Os próximos 17 e 18 de setembro celebrarase esta cidade estadounidense o US OPEN, outra proba da PTO que volverá reunir a varios dos mellores homes e mulleres do mundo do tríatlon.
Aínda que se bota en falta ao gañador da medalla de ouro nos últimos Xogos Olímpicos, Kristian Blummenfelt, o elenco é de excepción. Xunto ao triatleta lerezano están especialistas da media e longa distancia da talla de Lionel Sanders, Alistair Brownlee, Sam Long, Magnus Ditlev, Daniel Baekkegard, Sam Laidlow, Sebastian Kienle ou Andrew Starykovich.
O concurso de Dapena fíxose posible debido a que a organización lle entregou unha das invitacións, coñecidas como wild cards, porque o triatleta non se atopa entre os 40 mellores do ranking, pero que é unha das grandes figuras do panorama mundial está fóra de toda dúbida, como pode extraerse desta invitación.
A carreira, que en Europa poderá seguirse a través de Eurosport, está prevista para as 21.45 horas (horario español) do 18 de setembro e consta de tres segmentos: 2 quilómetros de natación, 80 quilómetros de ciclismo e 18 quilómetros de carreira a pé.