Pablo Dapena e Javi Gómez Noya dan os seus primeiros pasos de pretempada en Pontevedra

Pontevedra
04 de xaneiro 2019

Os dous campións mundiais atópanse na fase inicial de preparación dunha nova tempada co Campionato do Mundo de Longa Distancia que se celebrará en Pontevedra en mente, aínda que no caso de Gómez Noya aínda non desvelou se se centrará este ano nesta especialidade ou na distancia olímpica

Pablo Dapena e Javi Gómez Noya adestrando en Pontevedra @javitheilacker

Co inicio do novo ano a actividade intensifícase para dúas dos máximos expoñentes do deporte pontevedrés como Pablo Dapena e Javier Gómez Noya, inmersos xa na súa pretemporada.

Os dous campións mundiais coincidiron estes días en Pontevedra, onde compartiron como é costume adestramentos pola zona da Illa das Esculturas xunto a outros compañeiros como Diego Paz.

Na mente de ambos aparece este ano unha cita, o Campionato do Mundo de Longa Distancia que se celebrará na Boa Vila a principios de maio, e onde Dapena defenderá a súa condición de campión. O pontevedrés confirmou a cita como un dos seus principais obxectivos do ano, mentres que Gómez Noya sinalou en máis dunha ocasión a súa intención de participar e competir ante os seus, aínda que polo momento non desvelou se en 2019 repetirá o asalto ao  Ironman de Hawaii ou pola contra volverá mirar á distancia olímpica pensando en Tokyo 2020.

No caso de Pablo Dapena, a súa tempada contará con outra cita clave, o Mundial Ironman 70.3 de Niza para o que tentará clasificarse. Antes a flamante fichaxe do Team BMC será o primeiro en deixar a cidade de Lérez buscando temperaturas máis cálidas para os seus adestramentos, xa que este mesmo sábado 5 de xaneiro partirá cara a Lanzarote para participar nunha concentración do seu novo equipo, tendo pensando prolongar a súa estancia en Canarias ata principios de marzo.

Pola súa banda Javi Gómez Noya permanencerá en Pontevedra uns días máis antes de regresar a mediados de mes a Nova Zelandia, onde contraeu matrimonio hai escasas datas e onde ten previsto coa súa preparación.