Non baixou do podio ao longo de toda a tempada, logrando tocar a gloria coa súa vitoria no Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia, pero Pablo Dapena quere máis.
O triatleta pontevedrés estará este domingo 23 de setembro na liña de saída do Challenge Madrid, no que buscará un dobrete histórico ao ter esta proba consideración de Campionato de Europa da especialidade.
Será en todo caso un reto especialmente complicado, xa que será a primeira vez que afronte unha proba en distancia Ironman, é dicir, 3,8 quilómetros nadando, 180 quilómetros en bicileta e 42 quilómetros de carreira a pé.
"Llego con ganas pero llego con incertidumbre porque al final es una cosa que mi cuerpo nunca ha testado", asegura Dapena, que leva dúas semanas en Madrid aclimatándose á altura da capital española e ao circuíto, que se caracteriza pola súa especial dureza no sector ciclista con protagonismo para Navacerrada. "Es como una etapa de una vuelta ciclista, son tres puertos, casi cuatro", reconoce el pontevedrés augurando que "un recorrido tan exigente como la bici va a hacer mella corriendo".
A carreira comezará ás 7:45 horas da mañá e prolongarase, debido a esta dureza e á calor que se espera, "hasta 9 horas", calcula o actual campión do Mundo marcándose como obxectivo "sobrevivir y hacerlo lo mejor que pueda".
LOITA POLO LIDERADO DO RÁNKING CHALLENGE
Outro aliciente para Pablo Dapena atópase na pelexa por terminar o ano como líder do ranking mundial da franquía Challenge, o que lle outorgaría un premio especial de 30.000 dólares.
As súas vitorias en Mogan ou Lisboa e os podios noutras probas ao longo da tempada colocaron a Dapena segundo a só 250 puntos do alemán Sebastian Kienle (1.550 puntos), centrado agora no Ironman de Hawaii, e en Madrid estarán en xogo 500 máis para o vencedor, o que deixaría moi preto do pontevedrés este suculento premio.