O Xurado da Gala do Deporte 2012, presidido pola deputada de Xuventude e Deportes, Begoña Estévez, acordou por unanimidade, conceder as nominacións e premios nas seguintes categorías:
Mellor deportista senior masculino: Pablo Cacheda González (Balonmán)
Mellor deportista senior feminino: Susana Rodríguez Gacio (Triatlón)
Mellor deportista promesa masculino: Jonathan Castro Otto (Fútbol)
Mellor deportista promesa feminina: Judith Rodríguez Menéndez (Esgrima)
Mellor Evento Deportivo. Campeonato de España de Baloncesto Cadete (Club Baloncesto Peixefresco Marín)
Mellor Empresa Deportiva: Begano, S.A.
Mencións Especiais ao Club Ciclista Súperfroiz ( XXV Aniversario), Club Balonmán Guardés Feminino (Ascenso a División de Honra Feminina), Antonio Puga Teixeira (Traxectoria deportiva)
A Gala tivo como escenario o Salón de Plenos do Pazo provincial no que o anfitrión, o presidente da Deputación, Rafael Louzán recoñeceu o esforzo e o mérito de personas e institucións que "levaron o nome de Pontevedra ás máis altas cotas deportivas, dentro e fora das nosas fronteiras".
Louzán sinalou que os premiados "son personas que fixeron do deporte a súa paixón: un xeito de vivir baseado na esixencia, no esforzo e no talento".
Na Gala tamén houbo un sentido recordo ao desaparecido Cristóbal Hermida, presidente do Club Ciclista de Bueu, e a Ramón Escudeiro, axedrecista e xudoca a quén a súa cegueira non impideu acadar altas cotas deportivas.
O xogador de balonmán Pablo Cacheda ou a atleta de triatlón Susana Rodríguez, as promesas Jonathan Castro, futbolista, ou de Judith Rodríguez, campiona de esgrima "cos seus logros pero tamén coas súas actitudes, coa súa aportación á sociedade, o seu xeito de encarar as competicións e o seu fair-play, fan que Pontevedra e as Rías Baixas sexan máis conocidas no mundo polo mellor que temos e que podemos ofrecer: a excelencia, a constancia e o traballo ben feito en tantos e tantos eidos".