Outro rival do Pontevedra cambia de adestrador: O San Fernando aposta por Salva Ballesta

Pontevedra
21 de setembro 2022

Segunda destitución en só uns días no grupo do Pontevedra Club de Fútbol na Primeira RFEF. Tras o Ceuta, seguiulle o paso o San Fernando, a pesar de estar con 4 puntos na táboa e fóra dos postos de descenso

Salva Ballesta, novo adestrador do San Fernando San Fernando CD

Segunda destitución en só uns días na Primeira RFEF, no grupo do Pontevedra Club de Fútbol. Todo a pesar de ter transcorrido só catro xornadas de liga.

Se o primeiro en prescindir do seu técnico foi o pechacancelas Ceuta, agora foi o San Fernando CD, nun movemento que desde a distancia non deixa de sorprender ao estar situado o club andaluz, con 4 puntos, fóra dos postos de descenso.

A entidade gaditana decidiu rescindir a Nacho Castro e o seu lugar no banco ocuparao Salva Ballesta, ex-futbolista de Primeira División que como técnico adestrou a equipos como o Real Jaén, Móstoles, Algeciras e a pasada campaña ao UCAM Murcia.

No inicio de liga o San Fernando, que a pasada campaña logrou a salvación in extremis no grupo II da Primeira RFEF (un triunfo do Sevilla Atlético na últma xornada condenoulle), venceu o Ceuta na primeira xornada, empatou despois na súa saída a Badaxoz e só encaixou derrotas ante claros aspirantes ao ascenso de categoría como o invicto Racing de Ferrol e o Alcorcón.

O San Fernando visitará o Estadio Municipal de Pasarón deica pouco máis dun mes, o próximo 30 de outubro, na décima xornada de liga.