O Peixe Galego segue adiante na súa idea de tentar competir a próxima tempada na Liga LEB Ouro, despois do ascenso conseguido na cancha de xogo.
Os socios do club, reunidos este luns nunha asemblea celebrada na Biblioteca Municipal de Marín, referendaron o proxecto económico e deportivo presentado polos dirixentes da entidade para tentar saír na segunda categoría do baloncesto nacional, un proxecto "con los pies en el suelo, sin volverse loco", explicou o directivo Toño Casal.
"El primer escollo importante era el aval, y en un 90% o un poco más está cerrado y ahora nos queda sobre todo salvar los primeros plazos, que es la inscripción y el primer plazo de arbitrajes", sinalou en referencia aos 150.000 euros de aval que é necesario subscribir, os 36.000 euros de cota de inscrición e os 40.000 euros que se deben destinar a arbitraxes.
Co apoio dos socios, o Peixe Galego buscará ata final de mes apoios para conseguir os recursos necesarios, por unha banda mediante a campaña de socios posta xa en marcha, pero sobre todo a través do tecido empresarial.
Aínda que o prazo para presentar toda a documentación necesaria para competir en LEB Ouro pecha o 5 de xullo, o club marinense debe tomar unha decisión antes, como moi tarde o día 30 de xuño, xa que é a data na que debería confirmar a súa praza en Prata para evitar quedar sen oco na categoría.
"El proyecto será muy comedido porque la LEB Oro ha dado un salto de calidad", mantén Casal, como reflicte o dato de que equipos como o Melilla partirán cun orzamento próximo aos 1,4 millóns de euros que "es 12 veces nuestro presupuesto".
Desta forma, con toda a ilusión que supón a posibilidade de competir de novo na elite nacional, traballarán estas semanas arreo nos despachos, aínda que sempre pensando que "si no puede ser pues no será, no vamos a poner al club en la tesitura de desaparecer", sentenciou Toño Casal.
VÍCTOR HOLMBERG REGRESA A SUECIA
Na actualidade deportiva, o Peixe Galego despediu "con mucha tristeza" a un home que no últimos catro anos integrouse como uno máis á familia do club, Víctor Holmberg.
O adestrador sueco, que tamén defendeu na cancha a camiseta peixe, anunciou que regresa ao seu país no que supón "la decisión más difícil de mi vida hasta ahora. Faino tras recibir unha importante oferta dun club de Suecia que lle permitirá avanzar na súa carreira profesional.