O Club Deportivo Guijuelo é xa un clásico da Segunda División B. O equipo 'chacinero' conta cunha estrutura de club moi ben definida e, a parte da súa humildade no trato, sempre se mostran un club ambicioso co balón nos pés.
Desde os tempos no banco de Rubén de la Barrera, o Guijuelo destacou por un fútbol iniciado desde atrás, con futbolistas moi hábiles no centro do campo e un equipo dominador. Ademais, cando xogan no Municipal Luis Ramos, aproveitan a súa boa adaptación ao céspede artificial.
Para esta campaña, o club deu as rendas do equipo aos irmáns Montes (Jacobo e Marcos). Os técnicos galegos teñen unha filosofía moi típica do xogo que gusta en Guijuelo.
O plantel está composto xa por dezasete xogadores, entre eles dez fichaxes, e está a falta de pecharse cun porteiro sub23, un mediocentro e un dianteiro.
Esta campaña asinaron polo Guijuelo: os defensores Andrés González (Burgos), Raúl Parra (Mallorca B), José Cruz (Marbella), Kike Pina (Badajoz); os medios Kamal (Calahorra), Deco (Melilla) e Spahiu (procedente do fútbol belga); e os atacantes Pozo (Don Benito), Pino (Mérida) e Zamorano (Talavera). Pero, ademais, Astu renovou a varios puntais dentro e fóra do campo como o capitán Jonathan, Razvan ou Carlos Rubén.
O Guijuelo destila un 1-4-3-3 na lousa e será un equipo dominador desde o comezo da xogada. Sen ningunha dúbida, un dos "tapados" do grupo xa que xogará sen a presión dos grandes nomes pero coa ilusión e as vimbias dun equipo ben construído.
PLANTEL
- PorteIro: Molina.
- Defensas: Andrés, Raúl Parra, Kike Pina, Razvan, Dan Ojog, Jonathan e José Cruz.
- Medios: Carlos Rubén, Kamal, Cristóbal, Deco e Spahiu.
- Dianteiros: Pozo, Pino, Juanca e Zamorano.
TEXTO: Sergio Villardón (xefe de Deportes de www.salamanca24horas.com)