Os partidos de Pontevedra e Ribadumia na Copa do Rei serán televisados

Pontevedra
10 de decembro 2020

A Televisión de Galicia e a plataforma DAZN será os encargados de retransmitir os encontros dos equipos pontevedreses na primeira rolda de Copa

O Ribadumia celebra o pase á primeira rolda da Copa do Rey tras vencer o Miengo Real Federación Galega de Fútbol

Co seu renovado formato, con eliminatorias a partido único no campo dos equipos de inferior categoría, a Copa do Rei volve ser unha competición atractiva para os equipos de categorías modestas, que  ansían poder enfrontarse a rivais de superior categoría.

Esta campaña, polo menos no que incumbe á primeira rolda do torneo do K.O., as restricións ocasionadas pola Covid farán que o acceso de público sexa restrinxido, por exemplo no caso dos dous equipos da comarca en liza, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Deportivo Ribadumia.

Polo menos para moitos afeccionados quedará o consolo da televisión porque ambos os dous encontros contarán con retransmisión en directo.

O que primeiro entrará en liza é o Ribadumia, que se enfrontará a todo unha Primeira División como o Cádiz no campo municipal da Senra o xoves 17 de decembro ás 19.00 horas. Farao coas cámaras en directo da plafaforma en liña DAZN.

No caso do Pontevedra, que unha hora máis tarde (20.00 horas) recibirá ao Cartagena da Segunda División no Estadio Municipal de Pasarón, a retransmisión correrá a cargo da Televisión de Galicia.