Os motores roxen ao seu paso por Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
06 de xullo 2024

Ponte Caldelas viviu este venres unha espectacular tarde de carreiras co paso do Rallye Recalvi Rías Baixas polas estradas da vila. O bo tempo acompañou e foron moitos os afeccionados os que se animaron a achegarse para gozar do ruxido dos motores durante os tramos cronometrados que revolucionaron por completo a competición

Rallye Recalvi Rías Baixas Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas viviu este venres unha espectacular tarde de carreiras co paso do Rallye Recalvi Rías Baixas polas estradas da vila.

O bo tempo acompañou e foron moitos os afeccionados os que se animaron a achegarse para gozar do ruxido dos motores durante os tramos cronometrados que revolucionaron por completo a competición.

José Antonio 'Cohete' Suárez cun Skoda Fabia RS Rally2 fixo o primeiro 'scratch do rally na súa primeira pasada por Ponte Caldelas, pero tras a segunda pasada polo tramo todo cambiou. O 'scratch' foi para Ruiloba, que era terceiro, e adiantou a 'Cohete' en 2.2 segundos e a Alejandro Cachón en 3.4 segundos.

A segunda pasada por Cotobade-Pontecaldelas foi o último tramo do día e de novo produciuse a pelexa entre os tres primeiros clasificados con Ruiloba levándose o 'scratch' con 2.9 de vantaxe sobre Cachón e 3.0 sobre 'Cohete'.

Na Copa Toyota Gazoo Racing Iberian Cup, José Manuel Lamela afianzouse como líder con 14.7 segundos de vantaxe sobre Josep Bassas e 18.1 Javier Villa; na Bolsa RTS Junior, Unai da Dehesa terminou a xornada en primeira posición a 39.1 e 2:13.8 de Giovanni Fariña e Aitor Sorozabal; e Unai da Dehesa liderou o Desafío Peugeot con 10.8 de vantaxe sobre Miguel García.