Os Hispanos Xuvenís convocan o cisneísta Manu Lorenzo

Pontevedra
22 de febreiro 2024

Rodrigo Reñones, seleccionador nacional xuvenil, ofreceu a lista de xogadores convocados para unha concentración que terá lugar do 11 ao 17 de marzo en Santander

Manu Lorenzo, no partido entre Cisne e Barça Athlètic no Municipal Cristina Saiz

Rodrigo Reñones, seleccionador nacional xuvenil, ofreceu a lista de xogadores convocados para unha concentración que terá lugar do 11 ao 17 de marzo en Santander.

Nela aparace un xogador do Club Cisne Balonmán, o pivote Manu Lorenzo, que segue a estar nos plans e miradas dos técnicos da Real Federación Española de Balonmán.

Lorenzo, que a pasada tempada chegou a debutar na liga Asobal con só 16 anos e sendo cadete, foi queimando etapas no Cisne ata ser xa un habitual nas convocatorias do primeiro equipo na División de Honra Prata, especialmente nos partidos da casa.

Ademais dos adestramentos previstos cos Hispanos Xuvenís, na concentración xogarase un encontro amigable fronte á selección autonómica de Cantabria, o sábado 16 de marzo.

O seleccionador convocou para iso a 16 xogadores, entre os que ademais de Manu Lorenzo hai outro galego como o porteiro Nicolás Giráldez (BM Porriño).