Os equipos deportivos de Sanxenxo lucirán brazaletes violetas contra a violencia machista

Sanxenxo
30 de outubro 2023

Un total de 32 clubes deportivos de Sanxenxo participarán na campaña impulsada polo Centro de Información á Muller (CIM) do municipio. Trátase da iniciativa "Igualdade no deporte", enmarcada dentro da programación do 25N

Presentación da campaña "Igualdade no deporte" Concello de Sanxenxo

Un total de 32 clubes deportivos de Sanxenxo participarán na campaña impulsada polo Centro de Información á Muller (CIM) do municipio. Trátase da iniciativa "Igualdade no deporte", enmarcada dentro da programación do 25N.

A campaña pide a colaboración e implicación dos clubs a través de brazaletes axustables de cor violeta co lema "Sanxenxo. Concello libre de violencias machistas" que deberán utilizar ao longo do mes de novembro nas distintas competicións e citas deportivas.

En total, o CIM repartirá un total de 1.600 brazaletes.

A edil de Servizos Sociais, Paz Lago, explicou que se trata dun proxecto "en equipo" no que os clubs "como entes implicados non deporte e como axentes activos indispensables" poden contribuír a crear unha rede cooperativa contra a violencia machista.

Os clubs comprometéronse a participar na campaña non só portando os brazaletes senón con imaxes e vídeos dos intercambios con outros clubs visitantes ou na utilización no día a día da súa actividade.

O obxectivo é dar a maior difusión posible á campaña de defensa da igualdade e en contra da violencia de xénero nos distintos ámbitos deportivos.