Os clubs deportivos tamén reciben axuda do Plan Social de Ence

Pontevedra
27 de xuño 2017

Once clubs da comarca recibiron este martes a axuda comprometida no Plan Social da empresa, entre os que se atopan entidades como o Pontevedra, Teucro ou Peixe Galego, entre outros

Entrega de axudas a clubs deportivos no Plan Social Ence Mónica Patxot

O deporte foi protagonista nunha nova entrega das axudas enmarcadas dentro do Plan Social Ence.

Once clubs da comarca acudiron ao acto celebrado nas instalacións da pasteira, en Lourizán.

Estas axudas, xunto ás destinadas aos deportistas de modalidades olímpicas ou doutras modalidades a nivel individual e as que se destinarán proximamente a clubs que traballan coas categorías basee, contan cun orzamento total que ascende a 800.000 euros.

Nesta ocasión premiábase o traballo dos clubs que compiten na elite dos seus respectivos deportes (polo menos na terceira categoría a nivel nacional).

Os clubs, que estiveron representados polos seus presidentes ou directivos, son: Pontevedra Club de Fútbol, Sociedad Deportiva Teucro, Club Cisne Balonmán, Club Baloncesto Arxil, Sociedad Gimnástica, Club Natación Galaico, Leis Pontevedra, Cidade de Pontevedra FS, Poio Pescamar, Club Piragüismo Poio e Marín Peixegalego.

Este foi o quinto acto de entrega das axudas incluídas no Plan Social de Ence en Pontevedra.