'Operación Quilómetro': O Cisne repite fórmula para custear o Campionato de España de Xuvenil

Pontevedra
28 de abril 2023

O club pontevedrés pide axuda para custear a viaxe do seu equipo xuvenil ao sector do Campionato de España que se xogará en Zarautz, País Vasco, do 5 ao 7 de maio

Equipo xuvenil do Cisne nun partido da tempada 22-23 Club Cisne Balonmano

Participar no Campionato de España Xuvenil supón un esforzo económico para o Club Cisne Balonmán, que ante a designación de Zarautz como sede do sector nacional no que participará o seu equipo pide axuda para custear o longo desprazamento.

Faios cunha fótmula xa exposta con anterioridade, a bautizada como 'Operación Quilómetro'. Con ela, a través de pequenas achegas, o club pontevedrés espera recibir un impulso que permita ás súas novas promesas acudir ao Nacional coas maiores garantías posibles e co único obxectivo de pelexar na pista por volver a unha fase final nacional, na que só estarán os oito mellores equipos do país.

Para competir no Sector C no País Vasco, o Cisne deberá completar entre ida e volta unha viaxe de 1.510 quilómetros, e valorou cada un dos quilómetros a un prezo de 2 euros para que cada afeccionado, familiar ou simpatizante poida colaborar en función das súas posibilidades.

"Cada euro será ben defendido na pista", asegura o club.

Os xuvenís do Cisne terán como rivais do 5 ao 7 de maio ao equipo local, o Zarautz ZKE, ao Granollers Sporting e ao BM Sinfín.

As achegas poden realizarse a través da app 'Cluber'.