Ofrenda granate á espera de fichaxes: "Puede que alguna cosa más se cierre en las próximas horas"

Pontevedra
29 de agosto 2024

A presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo, recoñeceu na tradicional ofrenda de inicio de tempada á Virxe Peregrina que existen xestións abertas a pouco máis dun día para que peche o mercado de fichaxes

Ofrenda floral do Pontevedra CF á Virxe Peregrina para a tempada 2024-2025 Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol protagonizou este xoves a tradicional ofrenda floral de inicio de tempada á Virxe Peregrina, nun acto que contou con representantes do Consello de Administración granate, corpo técnico e o primeiro plantel ao completo.

Fíxoo a poucos días de que comece a liga de Segunda RFEF e cun ollo posto aínda no mercado de fichaxes (o prazo para inscribir futbolistas pecha este venres día 30 de agosto). Así o recoñeceu a presidenta, Lupe Murillo, tras afirmar que o plantel estaba "practicamente" pechado.

Tras ser cuestionada por este asunto, avanzou en alusión ás xestións en marcha que "he dicho prácticamente porque puede que alguna cosa más se cierre en las próximas horas".

No que respecta ao novo curso, Murillo defendeu a tradición de realizar unha ofrenta á Virxe porque "no se deben perder las tradiciones. Venimos a pedirle que nos ayude como todas las temporadas" nunha campaña deportiva que encara persoalmente "con ilusión, ganas y buenas sensaciones, pero a nivel general de club".

Tras o acto celebrado no santuario da Peregrina xogadores, adestradores e directivos dirixíronse a Campañó para gozar xuntos dunha comida no Hotel Campaniola.