O Xaxán CX Internacional, a guinda para unha fin de semana de ciclocrós na comarca

Marín
05 de outubro 2023

A proba marinense, de categoría C2 Internacional e que se disputará o domingo 8 de outubro tras a Copa de España prevista o sábado en Pontevedra, contará cunha inscrición de nivel similar á pontevedresa, con ciclistas de Bélxica, Países Baixos, Francia ou Portugal

Presentación da Xaxán CX Internacional 2023 Concello de Marín

A comarca prepararse para vivir unha intensa fin de semana co mellor ciclocrós nacional e internacional, e é que ademais da cita da Copa de España prevista o sábado en Pontevedra dará continuidade o domingo unha nova edición do Xaxán CX Internacional.

A proba marinense, de categoría C2, contará grazas á súa proximidade no calendario co Gran Premio Cidade de Pontevedra, cunha inscrición case calcada na que estarán moitas das grandes figuras nacionais e tamén ciclistas de Bélxica, Países Baixos Francia ou Portugal.

Todo iso nun circuíto de 2,6 quilómetros situado en Chan de Gagán.

A actividade dará comezo moi cedo, ás 9.00 horas, coas carreiras cadete para seguir despois polas categorías júnior masculina (10.00), júnior feminina (11.15), Inclusión (12.15), elite e sub-23 masculina (13.00), elite e sub-23 feminina (14.15) e os máster a partir das 16.00 horas.