O Waterpolo Pontevedra certifica a permanencia en Primeira Nacional

Pontevedra
21 de abril 2024

Xornada de celebración para o Waterpolo Pontevedra despois de certificar a permanencia en Primeira Nacional Feminina tras derrotar á Escuela de Waterpolo de Zaragoza por 7-3

 

Partido da fase pola permanencia entre o Waterpolo Pontevedra e o Zaragoza en Rías do Sur Cristina Saiz

Xornada de celebración para o Waterpolo Pontevedra despois de certificar a permanencia en Primeira Nacional Feminina tras derrotar á Escuela de Waterpolo de Zaragoza por 7-3.

A falta dunha xornada para que finalice a fase, o equipo pontevedrés xa fixo os deberes e pode dicir que seguirá xogando en liga nacional por terceiro ano consecutivo.

Non era un partido sinxelo a pesar de enfrontarse ao pechacancelas do grupo, por iso as xogadoras de Lérez mostraron competitividade e dérono todo para volver sumar de tres.

E así, e co apoio da afección, o Waterpolo Pontevedra superou a un equipo zaragozano que estivo por diante no marcador ata alcanzado o ecuador do segundo tempo.

A partir dese momento foron as locais as que dominaron no resultado a pesar dos numerosos problemas que se atoparon á hora de bater a portería rival, para finalmente lograr sentenciar por un escaso 7-3.

Consulta as estatísticas nesta ligazón