O Waterpolo Pontevedra cae en Madrid e suma tres xornadas sen puntuar (14-11)

Pontevedra
25 de marzo 2023

O Club Waterpolo Pontevedra sumou este sábado ante o Concepción Ciudad Lineal unha nova derrota na fase polo ascenso a División de Honra. Con este resultado, as de Kike García enlazan tres xornadas consecutivas sen puntuar

Partido da segunda fase de Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CN Molins Cristina Saiz

O Club Waterpolo Pontevedra sumou este sábado ante o Concepción Ciudad Lineal unha nova derrota na fase polo ascenso a División de Honra. Con este resultado, as de Kike García enlazan tres xornadas consecutivas sen puntuar.

Sen presión e cos deberes da permanencia feitos hai un mes, o equipo pontevedrés continuou a súa andaina esta tempada visitando a capital para enfrontarse nun duelo directo ao Ciudad Líneal.

E foi precisamente o cadro local o que comezou mandando no marcador, enchufando un 4-1 inicial que complicaba as cousas ao Waterpolo Pontevedra. Reduciu distancias Izaskun Tellería antes de finalizar o primeiro período pero no segundo, as madrileñas ampliaron o seu colchón en catro goles para mandar o envite ao descanso nun 8-4.

Tras o paso polos vestiarios, un parcial de 1-3 daba confianzas ás de Lérez ante unha posible remontada (9-7), pero enseguida o Ciudad Lineal púxose de novo o mono de traballo para sentenciar nos minutos finais cun 14-11.

O próximo partido do Waterpolo Pontevedra será o sábado 1 de abril ás 16:00 horas en casa do CN Molins.

Consulta as estatísticas nesta ligazón