O Villalonga pon a guinda á súa tempada levantando a Copa Deputación

Sanxenxo
17 de xuño 2024

O conxunto celeste impúxose este domingo á Cultural Areas por 1-3 na final do torneo provincial disputada no campo federativo de Coia, na cidade de Vigo

O Villalonga celebra o título da Copa Deputación de fútbol Real Federación Galega de Fútbol

Unha tempada redonda asinou o Vilalonga FC, e é que ao seu ascenso a Terceira RFEF sumoulle este domingo o título da Copa Deputación de Pontevedra.

O conxunto celeste, vestido nesta ocasión de negro, impúxose na final do torneo provincial por 1-3 á Cultural Areas.

O encontro disputouse no campo federativo de Coia, na cidade de Vigo, e con numerosos afeccionados nas bancadas.

Rachu, no minuto 27 de xogo, adiantou os de Luciano, aínda que a Cultiral Areas igualou tras o descanso cun tanto de Lucas.

Aproximábanse os minutos finais e aí terminou decidindo a pegada do Vilalonga con goles de Héctor no 64 e Moncho no 80 que desataron a alegría do equipo celeste sobre o terreo de xogo, poñendo o broche a unha tempada para lembrar.