Seis anos despois o Villalonga FC escapa de Preferente, tras certificar este domingo o seu ascenso nun campo de San Pedro vestido de gala.
Foi un ascenso a Terceira RFEF con suspense para os celestes, e é que tiveron que esperar preto de media hora tras o final do seu partido fronte ao Cultural Areas (1-1) para que estalase a festa, esperando a que se confirmase a derrota do Valladares fronte ao Velle.
Os homes dirixidos por Luciano poñen así a guinda a unha tempada na que dominaron con autoridade, liderando actualmente a táboa con 65 puntos, con nove de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Céltiga, e xa 15 sobre o Choco, que pasa a ser terceiro.
No seu partido contra a Cultural Areas, o Villalonga adiantouse ao fío do descanso cando xogaba en superioridade pola expulsión do visitante Lucas por dobre amarela. Foi cun tanto de Marcos Blanco no minuto 42.
Con todo os de Ponteareas repuxéronse no segundo tempo cun gol de Javier Vila que poñía o definitivo 1-1.
Tras uns minutos de espera, finalmente confirmouse o ansiado ascenso a categoría nacional do Villalonga, que o celebrou ao grande sobre o céspede como se puiden comprobar nun vídeo do propio club celeste compartido pola conta Fica Coa Bola.