O videomarcador do Estadio da Lomba custará preto de 22.000 euros

O Salnés
07 de agosto 2024

Este novo equipamento conta con tecnoloxía led e o seu custe está financiado a través do Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas ao que se acolleu o Concello de Vilagarcía de Arousa

Primeiro adestramento do Arosa 23-24 Arosa SC - Arquivo

O Concello de Vilagarcía de Arousa adxudicou a compra dun novo videomarcador electrónico con pantalla led para o Campo Municipal da Lomba, onde iniciará a tempada o Arosa SC o próximo 8 de setembro, enfrontándose ao Sarriana.

A empresa encargada do subministro e instalación do equipamento será UFA Tecnologías.

Este novo marcador supón un investimento de 21.954,24 euros, financiado a través do Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.

A Xunta de Goberno local aprobou esta semana o contrato, e espérase que o videomarcador estea xa operativo para o inicio da nova tempada.